Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Novena e procesión pola festividade da Virxe das Angustias

A Novena da Virxe das Angustias celebrarase no santuario de Esteiro entre o 17 e o 25 de maio, previa á misa solemne e a procesión que terá lugar na súa festividade, o 26 de maio, domingo anterior ao Corpus. Nesta procesión de gloria, sen dúbida unha das máis antigas das que se celebran en Ferrol, un total de 18 confrades voluntarios levan en andas a imaxe da súa Titular, nun percorrido polo barrio de Esteiro que habitualmente discorre por Carlos III, Españoleto e Avenida de Esteiro. A Unidade de Música do Terzo Norte acompaña tradicionalmente o percorrido.

A novena desenvolverase do 17 ao 25 de maio co seguinte horario:

De luns a sábado: 09.00h Eucaristía e Novena / 11.30h Rosario / 12.00h Novena e Eucaristía

Domingo 19 de maio: 09.00 Eucaristía e Novena / 12.30h Rosario /13.00h Novena e Eucaristía.

Ademais, a irmandade poñerá a imaxe da nosa Señora das Angustias en Solemne Veneración o venres e o sábado previos ao día da súa festividade: o venres 24, de 18.30 a 20.30h, e o sábado 25, de 09.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30h.

O domingo 26 celebrarase a Misa Solemne, ás 12.00h, co acompañamento do Coro Armonía. A continuación comezará a procesión da patroa do barrio de Esteiro.