Lugar de saída | Santuario das Angustias
Paso | Xesús Amigo dos Nenos
Pouco antes da saída, ás 11.15 h, celébrase a bendición dos ramos á porta da igrexa. Nesta procesión polo barrio de Esteiro, os confrades portan as súas palmas e ramos e van sen capuz.
Percorrido: desde a praza das Angustias, avenida de Esteiro, Carlos III, Ánimas, Españoleto, avenida de Esteiro, Ramón e Cajal e retirada na igrexa da nosa Señora do Pilar.
Lugar de saída | Praza de Amboage
Pasos | San Xoán Evanxelista e «A Borriquita»
Pouco antes da saída, ás 12,15 h, bendición dos ramos na praza de Amboage. É esta unha procesión particularmente popular, con moita presenza de nenos e nenas que acoden coas súas palmas.
Percorrido: Méndez Núñez, Real, Sánchez Barcáiztegui, Madalena, Terra, Real, Méndez Núñez e retirada.
Lugar de saída | Capela da Orden Terceira de San Francisco
Pasos | San Pedro Apóstol e Ecce Homo
Este desfile mantén viva en Ferrol a tradición franciscana de lembrar, na tarde do Domingo de Ramos, a lectura da Paixón de Cristo que se fai ese día nas igrexas.
Percorrido: Glorieta de Alfredo Martín, Real, Concepción Arenal, Madalena, San Diego, Real e Capela da Venerable Orden Terceira de San Francisco.
Lugar de saída | Igrexa de Dolores
Pasos | Cristo Rei e Virxe da Amargura
A imaxe de Cristo Rei pertence ao colexio do mesmo nome e o terzo que a acompaña foi fundado por persoas vinculadas dita comunidade educativa, polo que é importante a participación de nenos e nenas neste desfile.
Percorrido: Méndez Núñez, Real, Sánchez Barcáiztegui, Madalena, Terra, Real, Méndez Núñez e retirada.
Lugar de saída | Igrexa dos Dolores
Pasos | Xesús Atado a Columna, Cristo Penitencial e a Santísima Virxe da Esperanza
Nesta procesión goza de especial popularidade o trono da Virxe da Esperanza, que foi o primeiro portado por mulleres. Na súa retirada, é tradicional que a banda da irmandade interprete “Unha nai non se cansa de esperar”.
Percorrido: Méndez Núñez, Real, Sánchez Barcáiztegui, Madalena, Terra, Real, Méndez Núñez e retirada.
Lugar de saída | Capela da Mercé
Pasos | Nosa Señora dos Cativos e Cristo Redentor
A procesión da tamén coñecida como Virxe Branca” marca cada ano a estrea desta confraría na Semana Santa Ferrolá. En 2022 cumpriuse unha década da primeira saída desta imaxe, para a que a banda Acotaga interpreta sempre a marcha “Líbrame” escrita para ela.
Percorrido: Capela da Mercé, María, Arce, Real, Sánchez Barcáiztegui, Madalena, Terra, Real, Méndez Núñez, María e Capela da Mercé.
Lugar de saída | Parroquia de Nosa Señora do Socorro
Paso | Cristo dos Navegantes
Esta foi tradicionalmente unha procesión da parroquia, ao marxe das confrarías penitenciais da cidade, porén a Confraría da Soidade encárgase desde o ano 2022 de organizala. O desfile desenvólvese sen capuchóns e con moitos veciños e fieis seguindo a imaxe do Cristo dos Navegantes. No ano 2023 varía o itinerario habitual polas obras, pero segue a entrar no Arsenal Militar.
Percorrido: Parroquia do Socorro, Paseo da Mariña, Irmandiños, Porta do Parque, interior do Arsenal, saída pola Cortina, Paseo da Mariña e regreso á igrexa do Socorro
Lugar de saída | Santuario das Angustias
Pasos | Cristo del Perdón e María Santísima de los Desamparados
Este desfile incorporouse ao procesionario no ano 1986, cando catro confrades da irmandade de Esteiro tiveron a iniciativa de sacar en andas ao Cristo do Perdón.
Percorrido: praza das Angustias, paseo de Pablo Iglesias, Carme, Real, Sánchez Barcáiztegui, Madalena, Carme, paseo de Pablo Iglesias e retirada no Santuario da Nosa Señora das Angustias.
Lugar de saída | Igrexa de Dolores
Pasos | Cristo Xacente e Cruz Sudario
Antes da saída da procesión, ás 21.45 h, os confrades participan nun acto penitencial. Neste desfile o máis característico é a participación de penitentes portando cruces e cadeas.
Percorrido: Méndez Núñez, Real, Sánchez Barcáiztegui, Madalena, Terra, Real, Méndez Núñez e retirada.
Lugar de saída | Capela da Orden Terceira de San Francisco
Pasos | Cristo da Boa Morte e Virxe do Perdón e da Misericordia.
Este cortello adéntrase tradicionalmente o Martes Santo polo barrio de Ferrol Vello, por onde ían as primeiras procesións en Ferrol, e fai parada na igrexa do Socorro, no que a confraría fai unha ofrenda floral aos pés da imaxe do Cristo dos Navegantes. Neste 2023 celébrase o Xoves Santo e polo barrio da Madalena debido ás obras.
Percorrido: Glorieta de Alfredo Martín, Real, San Diego, Madalena, Concepción Arenal, Real e retirada na capela da Orde Terceira.
Lugar de saída | Santuario das Angustias
Pasos | Xesús Nazareno, Cristo da Agonía, Cristo Xacente e Nosa Señora das Angustias
É a procesión de máis longo percorrido das que se celebran na Semana Santa de Ferrol, xa que vai polo barrio de Esteiro e despois polo da Madalena. Nosa Señora das Angustias, que foi coronada canonicamente no ano 2022, vai co seu fillo no colo.
Percorrido: praza das Angustias, avenida de Esteiro, Carlos III, Españoleto, Soto, San Amaro, Lugo, Real, Sánchez Barcáiztegui, Magdalena, Carme, paseo de Pablo Iglesias e retirada no santuario das Angustias.
Lugar de saída | Igrexa de Dolores
Pasos | Oración no Horto, Xesús Cativo, Noso Pai Xesús Nazareno, Cristo da Misericordia, Cristo da Penitencia e Virxe da Piedade.
Esta é a procesión con máis tronos e terzos das que se celebran na Semana Santa de Ferrol. O numeroso público que ateiga as rúas para vela pasar e para asistir á retirada, habitualmente preto das tres da madrugada, é proba da devoción que suscita este cortello e as imaxes.
Percorrido: Méndez Núñez, María, Arce, Madalena, Carme, Real, Méndez Núñez e retirada.
Lugar de saída | Igrexa de Dolores
Pasos | Xesús Nazareno, San Xoán Evanxelista, Santa Muller Verónica e Virxe dos Dolores
Os pasos saen do corralón da Confradía de Dolores, e Amboage, e chegan á praza de Armas por dous itinerarios diferentes. Alí atópanse Xesús Nazareno, San Xoán, a Santa Verónica e a Virxe de Dolores, nun dos actos máis multitudinarios da Semana Santa Ferrolá.
Percorrido: Ás 11.30 h. saída do paso do Nazareno por Méndez Núñez, Real, Sánchez Barcáiztegui, Madalena, Rubalcava e praza de Armas. Ás 11.45 h. saída dos pasos de San Xoán, Verónica e Virxe de Dolores por Méndez Núñez, Real, Terra e praza de Armas.
Ás 12.30 h. Santo Encontro na praza de Armas.
Retirada por Terra, Real e Méndez Núñez.
Lugar de saída | Capela da Mercé
Pasos | Cristo Redentor
Nesta procesión, a cruz deixa de ser un símbolo de tortura para representar a salvación. É especialmente emotivo o momento no que tras saír tumbado da capela, para pasar polo marco das súas portas, os confrades levantan a cruz co Cristo Redentor sobre o seu trono para comezar a procesión.
Percorrido: capela da Mercé, María, Arce, Real, Sánchez Barcáiztegui, Madalena, Coruña, Real, Méndez Núñez, María e capela.
Lugar de Saída | Igrexa de Dolores
Pasos: San Xoán e Virxe de Dolores
Percorrido: Méndez Núñez, Real, Sánchez Barcáiztegui e Madalena. O desfile agardará na rúa Madalena, á altura da rúa Coruña, á chegada da procesión do Santo Enterro.
Lugar de saída | Concatedral de San Xiao
Pasos | San Xoán Evanxelista, Santa Urna do Santo Enterro co Santísimo Cristo do Santo Enterro e Santísima Virxe dos Dolores
A Irmandade do Santo Enterro encárgase desde o ano 1951 de representar con toda solemnidade o sepelio de Cristo. É un cortello que so se ten suspendido en circunstancias moi excepcionais, como foi a pandemia, porque en caso de choiva celébrase no interior de San Xiao.
Desde 2022, a Irmandade recuperou a cerimonia do Descendemento, que non se celebraba en Ferrol desde o ano 1912. Con esta función, que ten lugar ás 18.00 h no adro da concatedral, a confraría completa a representación do enterro de Xesús.
Percorrido: Concatedral, Irmandiños, Coruña, Madalena, Rubalcava, Real, Arce, Madalena, Coruña, Irmandiños e concatedral.
Lugar de saída | Capela da Orden Terceira de San Francisco
Pasos | Santa María Madalena e Santísima Virxe da Soidade
A comunidade de terciarios franciscanos xa celebraban esta procesión antes do ano 1868. A Confraría da Soidade mantén a tradición de sacar esta imaxe, antes sobre tronos con rodas e desde o ano 2019 con portadores que a levan sobre os ombreiros.
Percorrido: Capela da Orde Terceira de San Francisco, Real, San Diego, Madalena, Concepción Arenal, Real e capela da Orde Terceira.
Lugar de salida | Concatedral de San Xiao
Pasos | Cruz sudario, San Xoán Evanxelista e Santísima Virxe dos Dolores
Como o seu nombre indica, o máis característico desta procesión é o silencio, só roto polos son dos tambores e o arrastrar de cadeas. É tradición que ao remate do desfile se cante a Salve Regina á Virxe de Dolores.
Percorrido: concatedral de San Xiao, Igrexa, Sánchez Barcáiztegui, Madalena, Terra, Real, Méndez Núñez e retirada.
Lugar de saída | Santuario das Angustias
Pasos | Cruz Sudario e Virxe da Caridade e o Silencio
Durante todo o día, a Confraría das Angustias recolle esmola no santuario, e entrega a cambio unha flor, ata a hora da saída da procesión. Nela todos os confrades fan un xuramento de silencio e van vestidos de loito rigoroso, sen capa e con capuz negro. Ao remate do percorrido, os capuchóns entran no santuario e un representante da Fundación do Santo Hospital de Caridade chama á porta, nunha cerimonia xa tradicional na Semana Santa Ferrolá, para recoller a arqueta co diñeiro depositado polos fieis.
Percorrido: Santuario, paseo de Pablo Iglesias, Carme, Real, Sánchez Barcáiztegui, Madalena, Carme, paseo de Pablo Iglesias e retirada no Santuario.
Lugar de saída | Praza da Constitución
Pasos | Santa María Madalena, Xesús Resucitado e María Santísima da Luz
Esta é unha procesión organizada conxuntamente polas tres confrarías irmandadas da Semana Santa de Ferrol. Previamente á saída conxunta, a Confraría da Mercé sae da súa capela co paso de María Madalena (ás 11.15 h.); a Confraría da Soidade sae con Xesús Resucitado (ás 11.45 h) e a Confraría das Angustias sae coa Virxe da Luz.
Todos estes desfiles conflúen na praza da Constitución, onde ás 12.30 h ten lugar o “Gozoso Encontro”. É habitual que moitos dos confrades quiten o capuz e emprendan xa o percorrido da procesión da Resurrección coa cara descuberta, como expresión de alegría.
Percorrido: praza da Constitución, Terra, Real, glorieta de Alfredo Martín e capela da Orden Terceira.
© 2022 | Todos os deritos reservados | Deseño web srlence.com