A antiga confraría dos Servitas comezou a construción da súa sede canónica en 1771. As obras do templo, na praza de Amboage, prolongáronse durante unha década e estiveron envoltas na polémica desde o principio, xa que o edificio presentaba problemas estruturais que ao longo da súa historia obrigaron a abordar diferentes intervencións. As eivas do templo levárono ao peche en 2017 e á posta en marcha dunhas obras de restauración estrutural. As previsións son abrilo ao culto para a Semana Santa de 2023.
É unha igrexa de cruz latina cunha soa nave. Na fachada, sobre a porta, ten un óculo redondo cunha vidrieira. Destacan as dúas torres con campanario, unha delas cun reloj e a outra co símbolo dos Servitas, a S e o cravo, que fai referencia aos escravos de María.
A Capela da Mercé, situada na praza de Amboage xunto ao colexio Tirso de Molina, foi deseñada polo arquitecto Rodolfo Ucha Piñeiro, o exponente do Modernismo en Ferrol. O templo mercedario, construído en 1926, é unha obra singular dentro da súa obra pola hibridación do Modernismo coas tendencias neoeclecticistas e resulta especialmente curiosa polos escasos exemplos destes estilos, en xeral, na arquitectura relixiosa..
A súa fachada está coroada por un gran arco conopial e ten unha profusa decoración, na que destacan os escudos da orde mercedaria. O interior, dunha soa nave, ten tamén unha rica ornamentación con motivos vexetais e vidrieiras de cores, entre as que destacan as catro que deseñou Camilo Díaz Baliño para o altar.
A sede canónica da Confraría da Soidade é a capela pertencente á Orde Terceira franciscana. A chegada a Ferrol esta irmandade data de 1741 e a construción do templo desenvolveuse, baixo a dirección de Pedro Lizardi en principio e con Luís de Atocha despois, entre 1760 e 1766.
A construción, de sillería, está adosada ao lateral da igrexa castrense de San Francisco. Ten a súa fachada de pedra, cun frontón triangular, e o interior está estruturado nunha nave única. Alberga a imaxe da Virxe da Soidade e a talla do Ecce Homo, dúas figuras pertencentes á Orde Terceira, como a capela, que saca en procesión a Confraría da Soidade.
No acto de refundación da Confraría das Angustias, que se celebrou no adrio da desaparecida igrexa de San Roque o 10 de abril de 1768, quedou constancia que a intención da irmandade era construír a súa propia sede canónica. Entre 1780 e 1788 edificouse o santuario, aos pés do barrio de Esteiro ao que está tan vencellada a confraría.
No seu interior está a Virxe das Angustias, unha das imaxes máis antigas e veneradas en Ferrol, así como o resto das imaxes procesionais da irmandade.
Tras a desaparición da antiga igrexa parroquial de San Xiao en Ferrol Vello e no contexto do puxante crecemento do barrio da Madalena ao abeiro da construción naval, en 1765 comezou a edificarse o novo templo. Julián Sánchez Bort deseñou o edificio seguindo o estilo neoclásico imperante nunha cidade nova proxectada baixo as luces da Ilustración. En 1959 chegou a bula de Juan XVIII que lle conferíu a categoría de concatedral.
A Irmandade do Santo Enterro ten a súa sede canónica en San Xiao. De aquí sae cada Venres Santo a estación de penitencia da confraría, que desde 2022 vai precedida da representación do Desencravo no adrio da concatedral.
© 2022 | Todos os deritos reservados | Deseño web srlence.com