Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Cáritas celebra o 1 de xuño a súa III Andaina Solidaria

Con motivo da celebración do día da Caridade, Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol organiza o sábado 1 de xuño a III Andaina Solidaria. Memorial Carmen Primo. Este ano, a marcha leva o nome de Carmela Primo, en recordo da traballadora social de Cáritas falecida o ano pasado.

A saída se levará a cabo ás 11.00h desde dous puntos: a Praza de Armas, en Ferrol e a igrexa de San Nicolás, en Neda. Ambos grupos percorrerán 7 km, ata concluír conxuntamente a marcha na Praza de Galicia de Narón.

O importe do dorsal é de 8€, unha achega que a entidade diocesana destinará aos seus programas de axuda a persoas vulnerables. As persoas interesadas en adquirilo poderán facelo nas diferentes Cáritas Parroquiais de Ferrol ou Narón, no Centro de Día “Gabriel Vázquez Seijas” (Rúa Magdalena 221), nas farmacias solidarias de Ferrol e Narón ou a través da seguinte ligazón: Inscrición III Andaina Solidaria. Memorial Carmen Primo.

Un ano máis, as Confrarías da Semana Santa de Ferrol colaboran con Cáritas, facilitando aos seus confrades a posibilidade de retirar os dorsais nas súas sedes e oficinas.