Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Procesións de Gloria

MES DE XUÑO

PROCESIÓN DA PATROA DE ESTEIRO

Confraría das Angustias

Procesión da Patroa de Esteiro: a Confraría das Angustias organiza cada ano no mes de xuño, no domingo anterior ao da celebración do Corpus Christi, a procesión en honor da Virxe das Angustias, patroa do barrio de Esteiro. A imaxe sae portada en andas e acompañada pola Unidade Musical do Tercio Norte.

MES DE XUÑO

Procesión do Corpus Christi

Xunta de confrarías
Diócese de Mondoñedo-Ferrol

A Xunta de Confrarías colabora cada ano coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol na organización da procesión do Corpus, que sae da concatedral de San Xiao despois da Eucaristía que preside o bispo diocesano. É habitual que o Grupo Novo da Confraría de Dores faga de véspera unha alfombra floral no atrio da concatedral.

15 DE XULLO

PROCESIÓN DO CARME

xUNTA GENERAL DE COnFRArÍAS

organizada pola Xunta Xeral de Confrarías da Semana Santa de Ferrol, celebrouse por primeira vez o 15 de xullo do ano 2022, recuperando unha tradición que existía antigamente na cidade. Para elo, a entidade encargou unha imaxe nova ao escultor andaluz Negrí Acevedo.

MES DE SETEMBRO

Procesión da Parrocheira

Parroquia de Ferrol Vello

A parroquia de Ferrol Vello saca en procesión, o domingo máis próximo ao 8 de setembro, á Virxe do Socorro, popularmente coñecida como a “parrocheira”, nun percorrido polas rúas do barrio e tamén marítimo.

15 DE SEPTEMBRO

Procesión de Dolores

Confradía de Dolores

Con motivo da celebración do día da Virxe de Dolores, o 15 de setembro, a Confraría de Dolores organiza habitualmente un triduo que remata cun percorrido da súa imaxe titular polas rúas da freguesía.

24 DE SEPTEMBRO

PROCESIÓN DA MERCÉ

CONFRArÍA DA MERCÉ

Procesión da Mercé: organizada pola Confraría da Mercé no domingo máis próximo á festividade da súa titular, o 24 de setembro. El recorrido suele estar acompañado por la banda Acotaga y a su final el Real Coro Toxos e Froles canta el himno “María de la Merced”.

12 DE OUTUBRO

Procesión do Pilar

PARROQUIA FERROlá DO PILAR

A parroquia ferrolá do Pilar, a única na Diócese de Mondoñedo-Ferrol dedicada a esta Virxe, celebra cada ano a Solemne Eucaristía na honra da súa patroa, cuxa festividade se celebra o 12 de outubro. Ao terminar a misa sae unha procesión polas rúas do barrio de Recimil.