Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A festa do Corpus incluirá en Ferrol, o 2 de xuño, a tradicional procesión

A Diocese celebrará en Ferrol a festa do Corpus Christi o próximo 2 de xuño cunha Eucaristía na concatedral de San Xiao e unha procesión posterior polas rúas máis próximas. A misa celebrarase ás 18.00 horas e a continuación, aproximadamente ás 18.45h, sairá o desfile coa Custodia bendicida.

A Confraría de Dolores anunciou que volverá realizar unha alfombra floral no atrio de San Xiao para que a pise o Santísimo o domingo do Corpus. O traballo prepararase de véspera, no serán do sábado.

O percorrido da procesión será o seguinte: rúas Igrexa, Sánchez Barcáiztegui, Magdalena, Terra, Real, Sánchez Barcáiztegui, Igrexa e retirada de novo en San Xiao.

Cabe lembrar que coa festa do Corpus a Igrexa celebra a solemnidade do Santísimo Corpo e Sangue de Cristo, a Eucaristía na que Cristo está presente verdadeira, real e substancialmente.