Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

O teatro Jofre acollerá este sábado a lectura do pregón

O teatro Jofre acollerá este sábado, día 5 de abril, ás 19.30h, a lectura do pregón da Semana Santa de Ferrol. Correrá este ano a cargo do sacerdote e xesuíta David Cuesta Gómez, especializado no estudo da relixiosidade popular e persoa moi próxima, polos seus traballos académicos e tamén pola súa experiencia vital, á realidade das confrarías. Tras o seu discurso ofrecerase ao público un concerto da Escolanía da Catedral de Santiago, dirixida pola ferrolá Sofía Rodríguez Fernández.

Desde onte están dispoñibles para a súa retirada en portelo ou ben en liña a través de ataquilla.com as entradas, gratuítas, para asistir.

O acto poderá ser seguido por streaming, a través da canle de Youtube da Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades –https://www.youtube.com/semanasantadeferrol1616– e, como é habitual en todos os actos da entidade, contará con intérprete de lingua de signos.