A Confraría de Dolores informa da celebración, entre o 5 e o 11 de abril, do Solemne Septenario na honra da súa titular María Santísima dos Dolores. Do 5 ao 10 terán lugar, a partir das 19.00h na concatedral de San Xiao, o exercicio do septenario e a Eucaristía, celebrada por Antonio Rodríguez Basanta, director espiritual da irmandade.
O último día, 11 de abril, celebrarase igualmente o septenario en San Xiao e ao finalizar realizarase o Solemne Traslado de María Santísima dos Dolores e o Santísimo Cristo da Misericordia ata a súa sede canónica de Amboage. Alí, tras a reapertura das portas da igrexa de Dolores despois de sete anos de obras, sucederanse o acto de acollida e posterior Eucaristía, presidida polo bispo Fernando García Cadiñanos. O Coro Diapasón acompañará esta importante celebración.
O itinerario do Solemne Traslado irá pola concatedral, rúas Iggrexa, Coruña, Magdalena, Rubalcava, parada na igrexa do Carmen, María, Terra, Real, Arce, María, parada na capela da Mercé e Méndez Núñez.