Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A Mercé estreará o “tramo silencioso” na procesión do Mércores Santo

A Confraría da Mercé decidiu estrear este ano o “tramo silencioso” na súa procesión do Mércores Santo, coa intención de que poidan gozar delas persoas con diversidades cognitivas como o TEA (Trastorno do Espectro Autista). “Con este xesto queremos dar un paso máis na nosa vertente solidaria, tentando que todos, sen distinción, poidan gozar da Semana Santa”, sinalan desde a irmandade, que explica que adopta a medida despois de reunirse coas bandas que acompañan ao cortexo e tamén coa coordinadora da rede de accesibilidade de autismo en Galicia.

O “tramo silencioso” será o que vai pola rúa da Terra, desde Magdalena ata Real, na procesión da Nosa Señora dos Cativos, na tarde do Mércores Santo.

Desde a irmandade agradecen as facilidades ofrecidas polo Real Toxos e Froles, a A.M. Boa Morte e a asociación cultural Acotaga para poñer en marcha esta primeira experiencia, e piden a todas as persoas que vexan o paso da procesión no tramo citado, que colaboren na iniciativa.