Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Concerto de Coresma da agrupación Nosa Señora do Carme

A agrupación musical Nuestra Sra. do Carme de Ferrol ofrecerá este venres 28, un novo concerto de marchas procesionais dentro desta Coresma 2025 na Igrexa do Socorro de Ferrol.

Será un concerto dunha decena de marchas nun templo de gran importancia na historia da formación.

O concerto comezará pasadas as 20:30 horas e terá unha duración aproximada de 60 minutos.