A Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades presentará este venres as edicións do presente ano 2025 da revista Ecce Homo e o procesionario da Semana Santa de Ferrol. O acto celebrarase ás 20.00h na antiga capela do Torrente Ballester, onde ao terminar haberá un pequeno concerto da banda de música confrade Acotaga.
A imprenta da Deputación provincial da Coruña encargouse de novo de tirar 7.000 exemplares da revista Ecce Homo e 15.000 do procesionario, que a partir da próxima semana -a Xunta informará oportunamente a través das súas redes sociais- poñeranse ao dispor do público nas propias confrarías, as oficinas de turismo da cidade, o local da Xunta Xeral e no Museo da Semana Santa. No propio acto que se vai a celebrar este venres repartiranse tamén de balde ao público asistente.
O acto retransmitirase en directo a través da canle de Youtube da Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades –https://www.youtube.com/@semanasantadeferrol1616– e, como é habitual en todos os actos da entidade, contará con intérprete de lingua de signos.