Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Carlos Cal será o novo irmán maior da Confraría da Soidade

A falta de que se cumpran cos preceptivos trámites e de que o confirme o bispo diocesano, Carlos Cal será o novo irmán maior da Confraría da Soidade. Na tarde de onte a irmandade celebrou a asemblea para votar á persoa que ha de suceder a José Evia Gende, despois de case trinta anos.

Carlos Cal presentou a única candidatura e recibiu o apoio do 41,9% da totalidade de confrades con dereito a voto. José Evia notificará agora ao Bispado o resultado da votación e seguirá como irmán maior en funcións ata que chegue a confirmación. Despois, o novo irmán maior nomeará ao seu equipo de goberno tal como marcan os estatutos.

Evia pecha unha longa etapa á fronte da Confraría da Soledad, de case trinta anos. Sucedeu no seu momento a Alfredo Martín.