A Confraría de Dores organiza unha Cea-Baile de Entroido para o próximo día 11 de febreiro, coa que se recadarán fondos para o proxecto do novo misterio de Xesús Atado á Columna. A cea será no restaurante DManuel, en Serantes, e o menú será un cocido.
Sopa de cocido, cocido, sobremesa tradicional e café por 30 euros. As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 654 471 641. A celebración estará animada coa actuación dun DJ e un sorteo de agasallos.
Ademais, ese mesmo día 11, o Grupo Novo organiza un Taller de Caretas. De 17.30 a 19.00 horas, os nenos e nenas da confraría están convidados a acudir á Casa de Irmandade cos seus disfraces e participar da festa.