Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Calendario de datas importantes no preámbulo da Semana Santa de Ferrol 2023

A Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol anuncia os actos máis importantes que se encadran no preámbulo da celebración da Paixón, que este ano se desenvolverá entre o 2 e o 9 de abril, do Domingo de Ramos ao de Resurrección.

CERTAME DE BANDAS

A música confrade será a protagonista do Certame de Bandas “Cidade de Ferrol”, que chega este ano á súa undécima edición. Celebrarase no Auditorio de Ferrol a partir das 19.00 horas.

PRESENTACIÓN DA REVISTA ECCE HOMO E DO PROCESIONARIO

O Casino acollerá o día 18 de marzo, ás doce do mediodía, a presentación dunha nova edición da revista oficial da Semana Santa de Ferrol, “Ecce Homo”, así como do procesionario.

VÍA CRUCIS

O Cristo dos Navegantes será a imaxe protagonista do Vía Crucis organizado pola Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol, que este ano se celebrará o venres 24 de marzo, ás 20.00 horas. O desfile sairá da igrexa do Socorro e realizará un percorrido polo barrio de Ferrol Lanuxe.

PREGÓN E ENTREGA DE MEDALLAS

O teatro Jofre acollerá a lectura do pregón o día 25 de marzo, ás 20.00 horas. O xornalista Ramón Loureiro encargarase de anunciar a Paixón ferrolá deste ano, nun acto no que tamén se fará entrega da Medalla de Ouro da Xunta de Confrarías ás persoas que presidiron a anterior Coordinadora de Confrarías, en recoñecemento ao seu traballo cando se cumpren trinta anos da súa posta en marcha. Mario Villaamil, a título póstumo; Félix Sande e Meca Arcos serán os homenaxeados.

Síguenos

Comparte