Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Triduo e procesión na honra de Nosa Señora de Dolores

A Confraría de Dolores publicou xa o programa dos seus actos en honra do seu titular Nosa Señora dos Dolores, cuxa festividade se celebra o próximo 15 de setembro.

A irmandade programou o tradicional Triduo Solemne, que terá lugar do venres 13 ao domingo 15. Os cultos serán ás 19.00h. na concatedral de San Julián e o domingo estarán acompañados polas voces do Coro Diapasón. Ao terminar terá lugar unha procesión, coa imaxe da nosa Señora dos Dolores, polas rúas da freguesía.

A Confraría de Dolores convida as persoas que queiran portar á Virxe para escribir un correo electrónico á dirección cofradiadedolores@gmail.com indicando o seu nome, teléfono e número de DNI.

 

Síguenos

Comparte