Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Parrocheira, Dolores e Mercé, as tres procesións de gloria de Ferrol en setembro

Achégase setembro, un mes no que Ferrol acolle tradicionalmente tres procesións de gloria. A parroquia do Socorro celebrará o desfile en honra da súa Virxe, a popular Parrocheira, o domingo día 8 no marco das festas do barrio de Ferrol Vello. E nos dous domingos sucesivos, o 15 e o 22, terán lugar as de Dolores e a da Mercé, organizadas polas súas respectivas confrarías.

Proximamente informaremos de horarios e outros detalles destes desfiles. Cabe lembrar que a Confraría de Dolores celebra cada ano un triduo en honra do seu titular que termina coa procesión polas rúas do centro, que este ano coincide exactamente co 15 de setembro, o día da súa festividade.

A Confraría da Mercé, pola súa banda, celebra sempre a procesión no domingo máis próximo ao da festividade do seu titular, polo que este ano é o 22. É habitual que a acompañe a banda Acotaga e que o Coro Toxos e Froles dedíquelle a canción María da Mercé.

Información sobre as procesións de gloria de Ferrol: https://semanasantaferrol.com/procesions-de-gloria/

 

Síguenos

Comparte