Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Tres corais actúan este xoves no Concerto de Nadal do Santo Enterro.

A Irmandade do Santo Enterro organiza un ano máis o seu Concerto de Nadal, unha ocasión para a solidariedade. O acto servirá para reunir fondos con destino ás familias necesitadas do centro de Ferrol e distribuiranse a través de Cáritas Mondoñedo-Ferrol.

O concerto será ás 20.00 horas na concatedral de San Julián e no mesmo actuarán tres formacións corais. O Coro Asubío, procedente de Santiago de Compostela; a Coral Polifónica Ferrolá “A Magdalena” e o sexteto SondeNós interpretarán un repertorio variado no que tamén haberá panxoliñas do Nadal.

As persoas que acudan poden depositar donativos á entrada da igrexa, onde haberá voluntarios para recollelos. Tamén é posible realizar un ingreso por transferencia na a C.C. de Caridade ES20 2080 0200 4130 4015 3554, concepto: caridade.