Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Os Beléns prepáranse para recibir estes días a visita dos Reis Magos

Os beléns das confrarías da Semana Santa, do mesmo xeito que o da Orde Terceira, prepáranse para a próxima chegada dos Reis Magos de Oriente.

No Belén das Angustias, situado no número 61 da rúa Real, recibirán a visita dos Reis Magos mañá martes e o mércores, días 3 e 4. Durante o seu horario de apertura, de 18.00 a 20.30 horas, os nenos e nenas que o desexen poderán pasar a entregarlles as súas cartas ou expresarlles os seus desexos.

No Belén da Mercé, no número 42 de cálea Dores, tamén van recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar. Estarán alí na tarde do mércores, o 4 de xaneiro, entre as seis e as oito da tarde. Estarán alí na tarde do mércores, o 4 de xaneiro, entre as seis e as oito da tarde.

O Belén da Soidade, aberto no número 29 da rúa Dolores, non ten previsto recibir a visita dos Reis. Porén, os nenos que depositan as súas cartas no buzón real que ten a Confraría reciben como agasallo un caderno de colorear.

Pola súa banda, no Belén da Orde Terceira contarán co gran Salatiel Imar, primeiro ministro de palacio e gran Burgo maestre da Corte dos Reis Magos de Oriente, que acaba de chegar de Oriente adiantándose á visita das súas reais maxestades, Melchor Gaspar e Baltasar. A súa misión é recoller os días 3 e 4 de xaneiro, as cartas dirixidas aos Reis Magos. Estará no Belén de 17.00 a 20.30 horas ambos os dous días.

O gran Salatiel Imar, informan desde a Orde Terceira, xa estivo en Ferrol en anteriores ocasións anunciando a visita dos Reis Magos, segundo extráese da documentación gardada dos pregóns dos anos 50 a 70, organizados por Alfredo Martín, o creador do Belén da Orde Terceira. Nas imaxes, o primeiro ministro no Belén e un detalle do antigo pregón.

 

Síguenos

Comparte