Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Concello e Xunta de Confrarías asinaron o convenio de colaboración, que incrementa a súa contía

O alcalde de Ferrol, #José Manuel Rey Varela, e o presidente da Xunta de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol, César Carreño, asinaron esta mañá o convenio de colaboración de 2025, a través do cal a administración municipal financia con 50.000 o evento, único coa cualificación de Interese Turístico Internacional da cidade. Rey Varela destacou que se eleva a contía con respecto ao ano anterior -en 3.000€- e apuntou que “facendo máis grande a Semana Santa tamén se fai máis grande Ferrol”.

O “convenio de implicación”, como quixo chamalo o alcalde, foi agradecido por César Carreño, quen garantiu que “imos poñer todo, o 100%, para que todo nesta semana Santa sexa un auténtico éxito”.

Más información: https://www.ferrol.es/Concello/NovasAmpliar/9004