Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Quinario do Santísimo Cristo da Misericordia, do 4 ao 8 de marzo

A Confraría de Dolores informa da celebración do seu tradicional Quinario na honra do Santísimo Cristo da Misericordia do 4 ao 8 de marzo. Os cultos serán ás 19.00 horas na concatedral de San Xiao.

O último día de cultos, o venres 8, a celebración estará acompañada polo Coro Diapasón.

Por outra banda, a Xunta de Goberno da Confraría de Dolores informa do nomeamento de Rafael Lomba Martínez como secretario e de Juan José Couce Prego como vogal de Acción Social, en substitución de Pedro Fernández Alarcón e Ana María Fernández García, que dimitiron recentemente.