Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A Coral Polifónica Ferrolana volverá interpretar “As Sete Palabras” de Dubois no seu Concerto Sacro

A Coral Polifónica Ferrolá “A Magdalena” volverá interpretar “As Sete Palabras” de T. Dubois no seu Concerto Sacro deste ano, que se celebrará o próximo día 22 de marzo, ás 20.00 horas, na igrexa de San Francisco. Trátase dunha peza que tradicionalmente xa formaba parte do repertorio que nesta cita ofrecía o Coro Pai Fanego, do que é herdeiro a coral hoxe ligada ao Casino Ferrolán.

O Coro Pai Fanego, nacido no ano 1941 no seo da empresa pública Bazán, celebrou o seu primeiro Concerto Sacro no ano 1957 no Jofre. O oratorio composto por Théodore Dubois en 1867 formou parte deste programa durante 28 anos.

Nesta ocasión, a Coral Polifónica contará coa colaboración da soprano Patricia Rodríguez Rico, o barítono Gabriel Alonso e o tenor Pablo Martínez. No concerto tocará unha orquestra integrada por 24 músicos e dirixida por Pedro M. Montilla Braccio.

O programa concreto será o seguinte: Sinfonía “Ao Santo Spolcro” de A. Vivaldi, Crucifix! de J.B. Fauré; Popule meus de J.A. Lamas e Plarans de J. Pacheco na primeira parte. Na segunda parte interpretarase o oratorio das Sete Palabras de Cristo na Cruz de T. Dubois.