Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Comeza a campaña de captación de doazóns para a Semana Santa na hostalería e o comercio

A Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol lanza un ano máis unha campaña entre os establecementos de comercio e hostalería da cidade para captar doazóns que contribúan a celebrar as procesións. Desde a entidade lémbrase a repercusión económica que este evento, declarado de interese turístico internacional, ten nos negocios e solicitan o seu apoio para apoiar o esforzo das confrarías e irmandades.

Para evitar problemas, a Xunta procede en primeiro lugar enviando unha carta aos establecementos nas que lles informa do nome e o número de DNI da persoa que acudirá, debidamente acreditado, para pedir a colaboración. Aqueles negocios que fagan algunha achega recibirán un adhesivo de “establecemento colaborador”.

Aqueles empresarios que desexen colaborar e non reciban a citada carta poden poñerse en contacto coa Xunta de Confrarías a través do mail semanasantadeferrol@gmail.com.

As redes sociais da Xunta de Confrarías irán publicando o nome dos establecementos colaboradores -en ningún caso a cantidade achegada-.