Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Programa para conmemorar a festividade de Señora da Mercé

A Confraría da Mercé programou unha serie de actos para conmemorar a festividade do seu titular, o 24 de setembro, que como é tradición celebrará cunha eucaristía e a posterior procesión.

Baixo o lema “Sempre Mercé”, a irmandade anuncia que durante todo o mes de setembro doará un litro de leite a entidades solidarias de Ferrol por cada pulseira de tea da Confraría que se venda. As persoas interesadas poden adquirilas no estanco A Casa do Fumador ou no local da Confraría -cale María, 179-, que desde este mes abrirá os martes de 18.00 a 20.00h.

O programa de actos comezará cunha charla sobre as vidreiras da capela mercedaria, este venres día 8 de setembro, ás 20.00h.

O sábado 16 desenvolverase un “Bingo Mercedario” no que se sortearán diferentes premios. A cita é ás 19.30 no comedor do Tirso de Moline e o prezo da entrada será de 5€ por persoa.

Del 22 al 24 celebrarase o Triduo na honra de Nosa Señora da Mercé, os dous primeiros días rezarase o rosario ás 18.30h e celebrarase misa ás 19.00h, mentres que o domingo 24, festividade da Mercé, terá lugar a Eucaristía ás 11.00h -ese día non haberá misa de doce na capela mercedaria-.

No marco dos cultos do 22 de setembro terá lugar unha ofrenda floral e a presentación dos nenos #ante a Virxe por parte daquelas familias que o desexen. A irmandade recolle donativos de quen queira contribuír.

Igualmente, o 23 de setembro terá lugar a imposición de escapularios a aquelas persoas que o desexen, sexan ou non confrades. As persoas interesadas poden apuntarse despois da misa de doce dos domingos ou ben chamando ao 622 88 32 32. Tamén se impoñerán as medallas da Orde Terceira Mercedaria.

O 24 de setembro, ás 11.00h, celebrarase a Eucaristía e a posterior procesión que estarán presididas polo bispo diocesano Fernando García Cadiñanos. Como é tradición, o Real Coro Toxos e Froles interpretará a canción que compuxo hai anos para a Virxe da Mercé.

O percorrido da procesión, de novo como o pasado ano, seguirá o que se facía tradicionalmente coa Virxe Branca. Así, ao saír da capela mercedaria o desfile avanzará pola rúa María e xirará para baixar por Imeldo Corral e tomar despois a rúa Emilio Antón, ao pé do convendo das Escravas. Continuará pola rúa Real e regresará á capela pola rúa Arce.

A irmandade está a organizar tamén unha comida de confraternización para ese domingo 24, cuxa inscrición está aberta ata o día 20.

 

Cartel anunciador do Triduo en honor da Nosa Madre da Mercé

A Confraría da Mercé deseñou este cartel para o Triduo en honra da Virxe da Mercé. A orla componse con distintos elementos con moito significado para a Orde da Mercé e en especial para a Comunidade de Ferrol.

Adaptación a pintura do Escudo mercedario que antigamente aparecía nos diplomas entregados no Colexio Tirso de Molina coa inscrición “Redemptionem misit populo suo” (Enviou a Redención ao seu Pobo)

Como marco aparecen as cadeas con grilletes abertos, símbolo da Redención de Cativos. Na parte de abaixo, adaptación a pintura dos dous anxos que están aos pés da Virxe da Mercé ( Imaxe central do retablo da nosa Capela).

Como curiosidade, un deses anxos porta na súa man unha pluma de prata doada por antigos devotos da Mercé.