Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

O Museo da Semana Santa reabre co seu novo distintivo Sicted de calidade turística

O Museo da Semana Santa de Ferrol ha reabiertro este 2 de maio as súas portas, despois do obrigado peche durante as procesións, lucindo o seu distintivo Sicted. Trátase da distinción do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (Sicted), un recoñecemento que se dá a empresas, establecementos ou particulares aos que se lles recoñece a súa contribución á calidade do destino turístico. Trátase dun galardón que entrega a Secretaría de Estado de Turismo co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). .

A Xunta de Confrarías recolleu o distintito o pasado 29 de marzo, cando o museo atopábase xa pechado por mor da proximidade da Semana Santa. Na súa reapertura estréase xa o horario de verán, que será de martes a venres polas mañás, de 10.00 a 14.00 horas, e os sábados e domingos en horario de mañá e tarde, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00h

 

Síguenos

Comparte