A Confraría de Dolores anuncia dous eventos importantes para o sábado 16 de decembro. Por lado, celebrarase unha misa con motivo do 75 aniversario da fundación do Terzo de San Juan Evanxelista, e por outro, esa noite celebrarase a cea de Nadal da irmandade, que por segundo ano consecutivo terá unha finalidade benéfica.
A concatedral de San Julián acollerá, ás 19.00h, a misa solemne para celebrar o 75 aniversario da fundación do Terzo de San Juan. Estará presidida por Antonio Rodríguez Basanta, director espiritual da irmandade.
O Casino Ferrolán acollerá a II Cea Benéfica de Nadal, a partir das 21.00h. O evento servirá para recadar fondos con destino a Cáritas UPA Ferrol Centro. Haberá sorteo de agasallos e actuará o grupo Nuevo Plan.
O prezo da cea será de 25€ para adultos e de 15€ para o menú infantil. Para asistir hai que realizar as reservas antes do día 12 de decembro, acudindo á Casa de Irmandade, na rúa Magdalena 199, os martes de 18.30 a 20.00h.