Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A Confraría da Soidade organiza un concerto benéfico para o vindeiro 12 de novembro

A Confraría da Soidade informa da organización dun concerto benéfico o próximo día 12 de novembro, con motivo da celebración da festividade de Santa Icía, patroa da música . A cita será na concatedral de San Julián, ás 19.00 horas, con entrada libre e gratuíta.

O concerto será presentado pola xornalista Marta Corral e correrá a cargo de tres formacións de música confrade, dúas de Ferrol e unha de Viveiro: a Banda Ferrol, a Banda de Nosa Señora da Misericordia de Viveiro e a Agrupación Musical do Santísimo Cristo da Boa Morte.

A irmandade dispoñerá na entrada do templo un punto de recollida de alimentos non perecedoiros. As doazóns recollidas serán entregadas ao Banco de Alimentos Rías Altas (Balrial).

A Confraría da Soledad anuncia, para quen non poidan acudir ao evento, que se retransmitirá a través das súas redes sociais.

 

Síguenos

Comparte