A Confraría de Dolores celebrará o próximo día 2 de setembro o 75 aniversario da creación do Terzo da Piedade. Segundo informa a irmandade, ás 19.00 horas terá lugar unha Misa de acción de grazas na igrexa do Socorro. Ás oito da tarde está prevista a saída da procesión extraordinaria, desde o corralón de Dolores, coas imaxes de María Santísima da Piedade e o Santísimo Cristo da Misericordia.
O Terzo da Piedade constituíuse no ano 1948 como unha confraría no seo da do Cristo da Misericordia. A partir dese momento volveu saír en procesión a “Dolorosa do Enquentro”, que non o facía desde os anos 20. Desde entón acompaña ao Cristo da Misericordia na procesión da noite do Xoves Santo.
O itinerario que seguirá a procesión será a seguinte: Méndez Núñez, Real, Rubalcava, praza de Armas, Terra e regreso polas rúas Real e Méndez Núñez.
Ao finalizar o desfile, a Confraría de Dolores realizará unha recollida de esmola con destino a Cáritas Diocesana. Entregaranse flores dos pasos a cambio de donativos.