A Confraría de Dores informa de que a recollida de donativos que se realizou na retirada da procesión extraordinaria do 75 aniversario do Terzo de María Santísima da Piedade serviu para sumar 1.428€ con destino a Cáritas Diocesana.
A Xunta de Goberno da irmandade agradece a todos os confrades a súa participación e colaboración nos actos conmemorativos do 75 aniversario da creación do Terzo de María Santísima da Piedade. E agradece especialmente a achega realizada tanto polos confrades como pola unidade pastoral de Ferrol-Centro na recollida económica a favor de Cáritas.
Así mesmo, aproveita a ocasión para animar a todos os seus confrades a participar en todas as actividades que se organizan.