A Irmandade do Santo Enterro celebrará este sábado 7 de outubro unha función solemne en honra de María Santísima do Rosario, a súa patroa e titular. Será na concatedral de San Xiao, a súa sede canónica, e estará presidida polo bispo diocesano, Monseñor García Cadiñanos, que estará acompañado polo director espiritual da irmandade, Antonio Rodríguez Basanta.
Os actos comezarán ás 18.30 horas co rezo do Rosario e ás 19.00 horas será a Eucaristía. A capela de música da Coral Polifónica Ferrolá “A Magdalena” cantará na celebración e, entre outras composicións, interpretará Non Nobis Dómine (Non a nós, Señor), un himno que é unha oración de grazas e de humildade que é, ademais, o lema da Irmandade do Santo Enterro.
Na web da Irmandade do Santo Enterro explícase a orixe da advocación da Virxe do Rosario na concatedral de San Julián, que está xa na antiga igrexa parroquial de Ferrol Vello. En 2012 a confraría declarouna patroa e posteriormente titular. Para máis información pica aquí.