Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A capela da Mercé acollerá o luns 18 a celebración da Luz de Belén

A capela da Mercé acollerá este ano a celebración da Luz de Belén, un acto que organiza a Delegación Episcopal de Confrarías de Mondoñedo-Ferrol e que simboliza a mensaxe de paz para todos os homes de boa vontade. Trátase dunha chama que cada ano acéndese na cova na que naceu o Redentor e que se vai compartindo e estendendo por países de todo o mundo.

A celebración comezará ás 20.00 horas e as persoas que queiran asistir deberán acudir coas súas velas, protexidas para poder levarllas acesas aos seus fogares. O acto contará coas voces dos nenos e nenas do Coro Mosaico, do Tirso de Molina.

Síguenos

Comparte