Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Horarios e información de todos os Beléns das cofradías

A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Ferrol editou e está a distribuír, por segundo ano consecutivo, un folleto coas datas e horarios de apertura dos Beléns que organizan nestas datas catro das cinco confrarías penitenciales da cidade, así como o da Orde Terceira, o máis importante e de máis longa tradición, creado polo lembrado Alfredo Martín. Dous mil exemplares do folleto repartíronse polos propios Beléns, hoteis e oficinas de turismo.

En todas as montaxes realizarase algunha recollida de alimentos, xoguetes ou roupa para contribuír ás campañas solidarias que impulsan diferentes entidades.

Confraría das Angustias: o Belén realizado polo Grupo Novo da irmandade de Esteiro, que este ano está aberto no baixo da rúa do Carmen nº 21. Poderase visitar ata o 5 de xaneiro, de 18.00 a 20.30h, de martes a domingo. Os luns permanecerá pechado, do mesmo xeito que os domingos 24 e 31. No mesmo local hai un “Escaparate Solidario” ao que as persoas que o desexen poderán levar alimentos non perecedoiros con destino á Cociña Económica. Proponse un xogo para os nenos, a procura de determinadas figuras repartidas pola montaxe.

Confraría da Soidade: A Confraría da Soledad ten a súa Belén na rúa Dolores, 49. A súa montaxe poderá visitarse ata o 5 de xaneiro de luns a venres, de 17.30 a 20.30h. Os sábados e domingos, o horario ampliarase polas mañás, de 11.30 a 13.30h, e polas tardes, de 17.00 a 20.30h.

Confraría de Dolores: O Grupo Novo da Confraría de Dolores organiza un ano máis o seu Belén, que abrirá ao público o vindeiro domingo, día 10, no baixo do nº75 da rúa Dolores. Funcionará ata o 5 de xaneiro, será de 18.00 a 20.30h. No local recolleranse xoguetes para entregar á campaña que promove a OJE e tamén roupa de abrigo que se entregará ao refuxio Pardo de Atín.

Confraría da Mercé: a irmandade mercedaria foi a primeira en abrir ao público a súa montaxe, que un ano máis está no nº 42 da rúa Dolores e no que os nenos están convidados a participar en “O Xogo do Belén”. Así, no seu percorrido poden buscar unha serie de figuras “ocultas” na montaxe e obter un premio unha vez localizadas. No mesmo local está ata o día 22 de decembro o “Escaparate Solidario” para reunir alimentos non perecedoiros. O Belén abre ao público de luns a domingo, en horario de 17.30 a 20.30h, salvo os días 24 e 25 de decembro, así como o 5 de xaneiro, datas nas que reducirá o horario de apertura.

Irmandade do Santo Enterro: aínda que non organiza Belén, a Irmandade do Santo Enterro está inmersa na organización do seu Café Solidario, un evento de gran tradición nestas datas. O Casino Ferrolán acollerá esta cita o día 20 de decembro, ás 18.00h, e nela sortearanse un gran número de obsequios doados por comercio e empresas da zona.