A Procesión de Cristo Rei e a Virxe da Amargura, que organiza a Confraría de Dolores, é a única que percorre o centro de Ferrol na xornada do Luns Santo. A partir das 21.00h, o desfile discorrerá polas rúas Méndez Núñez, Real, Sánchez Barcáiztegui, Magdalena, Terra, Real e retirada por Méndez Núñez.
Producirase nesta procesión unha das grandes novidades desta semana Santa. A Virxe da Amargura estrea o seu manto despois de que se completara o seu bordado no taller do andaluz Enrique Carrascal. A imaxe luciu esta peza de veludo morado en anos anteriores, antes da pandemia só cun adorno dourado no bordo e o ano pasado xa coa primeira fase do bordado, a da parte posterior, aínda que para este ano puido completarse este rico traballo, financiado con doazóns de confrades. Coincide, esta estrea, co trinta aniversario da creación do Terzo da Amargura.
Ademais do manto, a imaxe da Virxe da Amargura irá sobre o novo trono da Confraría de Dolores. A irmandade confiou aos talleres de Cándido Hermida a completa remodelación dun trono que xa tiñan, pero que era unha simple estrutura sen ornamento, dotándoo dun aspecto totalmente renovado e máis coherente co resto do seu patrimonio. O trono leva o escudo de Dores na fronte e aplicacións de prata. Leva unhas pequenas imaxes marianas -das Virxes do Carmen, Socorro, Pilar e Rosario, en homenaxe a advocacións con tradición na cidade- nos seus catro hornacinas. Son novos os banzos de prata e recuperouse o prateado dos varais e xaras. O trono incorpora, ademais, unha nova campá. Na procesión vai tamén a imaxe de Cristo, propiedade das relixiosas Fillas do Cristo Rei, que a ceden cada ano desde 1984 para que participe na Semana Santa de Ferrol.
O Terzo de Cristo Rey que o acompaña saíu por primeira vez en 2014 e estivo constituído en orixe por pais e nais, alumnos e exalumnos do colexio relixioso. Por iso é coñecido popularmente como “o dos nenos”.
Acotaga, abrindo o desfile; a Banda da Confraría de Dolores na traseira do paso de Cristo Rei e a Agrupación Musical do Cristo da Boa Morte, detrás da Virxe, poñerán o acompañamento neste desfile.
A continuación indicamos os horarios e links das retransmisións en directo que se farán a través da canle de Youtube:
Streamings: a través da canle de Youtube da Xunta de Confrarías realizaranse este Luns Santo os seguintes directos:
20.30h: Entrevista a Protección Civil https://www.youtube.com/watch?v=44uykPq6kTE
21.00h: Salida de la Procesión de Cristo Rey y la Virgen de la Amargura https://www.youtube.com/watch?v=Jvhfgbk6zOk
21.30h: Conexión al paso de la procesión por la calle Magdalena https://www.youtube.com/watch?v=MglK1CAtxJg
23.00h: Recogida de la procesión. https://www.youtube.com/watch?v=d6erD8uIXkk
Tanto polas redes sociais da Xunta de Confrarías como pola súa canle de Whatsapp –co número 633 52 18 70 – infórmase cada día da axenda de procesións e notifícase a saída de cada procesión ou calquera incidencia que varíe a hora ou o percorrido.