A Xunta Xeral de Confrarías organiza a procesión da Virxe do Carme para o sábado 15 de xullo ás 19.30 horas. A imaxe sairá portada a hombreiros desde a Capela da Mercé ata o Arsenal Militar entrando pola porta do parque.
Percorrido: Capela da Mercé, María, Méndez Núñez, Real, Espartero, Mercé, Socorro, Avda da Mariña, Irmandiños e entrada no Arsenal Militar pola porta do parque. Alí terá lugar a ofrenda floral.
Todos os confrades que estean interesados en portar poden anotarse ata o día 12 de xulo en cada confraría co fin de establecer as quendas correspondentes.
A vestimenta dos portadores será de pantalón oscuro e camisa branca.
Tamén informamos de que o día 16 sairá a procesión marítima ás 19.00 horas desde a Cortina ata o espigón do peirao.
19.30 Procesión marítima
20.30 Desembarque e traslado da imaxe á igrexa do Socorro
Animádevos a participar!