Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A procesión do Corpus Christi percorrerá este domingo o centro de Ferrol

A Xunta de Confradías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol informa de que este domingo se celebrará, un ano máis, a tradicional procesión do Corpus Christi. A concatedral de San Xiao acollerá a misa ás 18.00 horas, oficiada plo obispo diocesano, monseñor Fernando Cadiñanos, e a continuación sairá o desfile.

A procesión coo Santísimo discorrerá polas rúas Irmandiños, Coruña, Madalena, Terra, Real, Arce, Madalena, Coruña e Irmandiños para a súa retirada de novo en San Xiao.

Os confrades que desexen participar deberán acudir con traxe e medalla da súa irmandade.