Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Horarios de atención ao público das cinco confrarías

Rematado o mes de agosto, todas as confrarías penitenciais de Ferrol retomaron o pulso neste setembro e reabriron as súas oficinas. Todas volven xa a recibir novas altas, que cada vez máis chegan ao longo de todo o ano.

A Confraría das Angustias abre o seu local, no anexo ao santuario de Esteiro, os martes e os xoves polas tardes, de 18.30 a 20.30h. Segundo recorda a irmandade, ademais das novas altas, na oficina encárganse tamén da venda de merchandising e da lotería de Nadal, así como de xestionar o pago das cotas anuais.

A Casa de Irmandade da Confraría de Dolores, situada no 199 da rúa Magdalena, abre todos os martes de 18.30 a 20.00h e pon a disposición das persoas interesadas o correo electrónico cofradiadolores@gmail.com. A entidade informou recentemente destes horarios e tamén dos da igrexa de Dolores, que abre os martes, xoves e domingos de 18.00 a 20.00h e os sábados de 11.00 a 13.00h, e que celebra a eucaristía os domingos ás 19.00h.

A Mercé abre o seu local no 179 da rúa María os martes polas tardes, de 18.00 a 20.00h. Pon a disposición de confrares e persoas interesadas o teléfono 622 883 232 e o correo electrónico coframercedferrol@gmail.com.

Na Casa da Irmandade da Confraría da Soidade, situada na rúa Espartero número 11, están todos os martes e xoves de 18.00 a 20.00h. Para calquera consulta pódese chamar ao número de teléfono 609 257 735 ou escribir a info@cofradiasoledadferrol.com.

Coa Irmandade do Santo Enterro, cuxa sede está no interior da concatedral de San Xiao pódese contactar chamando ou enviando un Whatsapp ao número 650 502 279, ou a través do formulario que hai na súa páxina www.santoentierroferrol.org.