A Diocese de Mondoñedo Ferrol celebrará o vindeiro domingo día 19, ás 18.00 horas, a Solemne Eucaristía do Corpus Christi na Concatedral de San Xiao, presidida polo bispo diocesano, Monseñor García Cadiñanos. A continuación sairá desde o templo a procesión, que realizará un percorrido polas rúas da freguesía.
A Xunta de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol participará nestas celebracións de exaltación da Eucaristía e convida a todos os confrades a facelo igualmente levando a medalla da súa irmandade.
Tal como informouse recentemente, o Grupo Novo da Confraría de Dores vai realizar unha alfombra floral no atrio da igrexa de San Xiao, a noite anterior a partir das 22.00 horas. Nesta tarefa tamén poderán participar os confrades que o desexen.
O percorrido da procesión será: concatedral, rúa Iglesia, Sánchez Barcáiztegui, Magdalena, Terra, Real, Arce, Magdalena, Sánchez Barcáiztegui, Iglesia e retirada de novo en San Xiao.