Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Primeiro paseo guiado polo Roteiro Confrade por Ferrol, da man de César Carreño

A Xunta de Confrarías pon en marcha este venres, día 1 de xullo, o primeiro “paseo guiado” polo Roteiro Confrade por Ferrol. O presidente da entidade, César Carreño, acompañará ás persoas que se inscriban na actividade –totalmente gratuíta- polos templos e rúas que son máis importantes no pasado e o presente da Semana Santa. O percorrido, que se expón como unha primeira experiencia piloto a repetir no futuro se ten unha boa acollida, comezará ás 11.30 horas na Praza Vella e irá polo barrio portuario e despois pola rúa San Francisco ata a praza de Amboage –no roteiro deseñado pola Xunta de Confrarías hai máis lugares, como o Santuario das Angustias, do que se falará pero sen chegar ata alí, para facer o percorrido máis fácil ás persoas maiores-.

As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse enviando unha mensaxe privada por calquera das redes sociais da Xunta de Confrarías –en Facebook, Twitter ou Instagram-, indicando nome e teléfono. Admitiranse por orde de inscrición ata 20 persoas.

A Xunta de Confrarías conta cun folleto sobre o Roteiro Confrade que pode atoparse nas oficinas de Turismo da cidade, cun percorrido por 13 puntos e información sobre o pasado e o presente de cada un deles na Semana Santa de Ferrol.

Síguenos

Comparte