Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Todo preparado para a Coroación Canónica da Virxe das Angustias

A Confraría das Angustias ten todo preparado para celebrar este próximo domingo, día 12 de xuño, a Coroación Canónica da súa Virxe titular. Como marcan os estatutos da irmandade, desde o pasado día 3 está a celebrarse a Novena á Virxe das Angustias, que terminará no día da súa festividade, o domingo anterior ao Corpus.

Ademais, o Grupo Novo da irmandade organizou unha veneración á Virxe, que terá lugar o venres e o sábado, as dúas xornadas anteriores á coroación. O venres será de 17 a 21.00h e ás seis celebrarase unha charla entre os mozos dirixida polo Pai claretiano Alberto Abelenda. Ao día seguinte, o sábado, a veneración será de 10.00 a 13.30h e ás 12.00h celebrarase a eucaristía e a homilía do pai claretiano Arturo. Pola tarde continuará a veneración, de 17.00 a 21.00h.

A continuación lembramos o horario dos actos:

Do luns 6 ao venres 10:

09.00 Misa e novena
11.30h. Rosario
12.00h. Misa e novena.
Ás 18.00h do venres día 10: Homilía do Pai Claretiano Alberto.

Sábado 11:

09.00 Misa e novena
11.30h. Rosario
12.00h. Misa e Novena. Homilía do Pai Claretiano Arturo.

Domingo 12:

09.00h. Misa rezada (única misa do día)
11.00h. Procesión do traslado da Virxe das Angustias á Concatedral de San Xiao.
12.00h. Misa solemne en San Xiao coa Coroación da Virxe das Angustias
13.00h. Procesión da Virxe Coroada das Angustias.
14.00h Acto no interior do Santuario.

Síguenos

Comparte