A Confraría da Soidade celebra o vindeiro sábado 4 de maio unha Eucaristía (ás 19:00h) e unha procesión extraordinaria (ás 19:30h) para conmemorar o 75 aniversario (1949-2024) da imaxe actual do Cristo dos Navegantes que procesiona na nosa Semana Santa. Desta forma, a Confraría retoma os actos e preparativos que tiña organizados para a xornada do Mércores Santo, que non se puideron levar a cabo debido ás inclemencias meteorolóxicas.
O percorrido polo que transcorrerá a procesión será o mesmo que o planeado para o pasado mércores Santo: Parroquia do Socorro, Mercé, Comellas, San Antonio, San Francisco, Rastro, Porta do Parque do Arsenal, saída pola porta da Cortina, Avenida da Mariña e retirada na igrexa do Socorro.
O acompañamento musical correrá a cargo da Agrupación Musical Stmo. Cristo da Boa Morte.
Historia da imaxe do Cristo dos Navegantes
En 1948 encargouse aos talleres de Enrique Carballido, situados en Santiago, unha nova imaxe do Cristo dos Navegantes para procesionar, posto que a talla orixinal atopábase nun estado delicado. En xaneiro de 1949 entregouse a nova imaxe, que desde ese ano procesiona na tarde do Mércores Santo polo barrio de Ferrol Vello, deixando así a imaxe orixinal exposta ao culto na Parroquia do Socorro.