Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

La capilla da Mercé acolle este venres a celebración da Candelaria

A capela da Mercé acollerá este venres día 2 de febreiro, ás 20.00 horas, a celebración da Candelaria. Trátase dunha celebración que cada ano organizan conxuntamente as tres confrarías irmandadas da Semana Santa de Ferrol, a Mercé, a Soidade e as Angustias, turnándose para acollela nas súas sedes canónicas. Como é habitual, ao comezo da celebración realizarase a bendición das candeas.

Trátase dunha festa que ten a súa orixe na presentación de Xesús no templo. Con ese motivo, desde a Diocese de Mondoñedo-Ferrol convídase as familias a seguir a tradición de acudir para presentar aos nenos bautizados durante o último ano. Aquí podedes ler máis sobre o tema: https://mondonedoferrol.org/proposta-diocesana-para-celebrar-a-festa-de-as-candeas-en-familia/

Síguenos

Comparte