Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A Confraría de Dolores celebra este domingo la función en honor da Santa Muller Verónica

A Confraría de Dolores inaugura este domingo o seu programa de cultos deste ano coa solemne función en honor da Santa Muller Verónica. Será ás 11.30h na igrexa do Socorro.

A imaxe da Santa Muller Verónica da Confraría de Dolores, que se atopa temporalmente na igrexa do Socorro a causa do peche polas obras do templo de Dolores, é unha das máis antigas da Semana Santa de Ferrol. Descoñécese o seu autor e as primeiras noticias da súa existencia sitúa a súa orixe, como mínimo, na segunda metade do s. XVIII.

Desde a irmandade faise un chamamento a confrades e devotos para asistir ao culto desde domingo.