As cinco confrarías da Semana Santa de Ferrol teñen as portas abertas á incorporación de novos irmáns e irmás durante todo o ano, aínda que nestas datas intensifícase a actividade e os preparativos. No caso das confrarías das Angustias e a Soledad, fan un chamamento para que se apunten portadores e portadoras.
A Confraría das Angustias volverá sacar aos ombreiros baixo trono ao seu titular na tarde do Sábado Santo, na procesión da Caridade e o Silencio. Como fixo xa o ano pasado, retómase a forma de portar coa que se sacaba á Virxe das Angustias entre 1956 e 1992. As persoas que arriman o seu ombreiro para levar a imaxe van debaixo do trono, tapadas coa súa saia, e só ven os seus pés. O local da irmandade, para apuntarse, está aberto os martes e xoves, de 18.30 a 20.30 horas.
Tamén a Confraría da Soledad ten aberta a inscrición para portadores e portadoras. No seu caso, o local da irmandade, na rúa Espartero 11, abre os luns, mércores e venres de 18.00 a 20.30h.
Lembramos tamén o horario do resto das confrarías:
Confraría de Dolores: martes e xoves de 18.30 a 20.00h.
Confraría da Mercé: martes e xoves, de 18.00 a 20.00h.
Irmandade do Santo Enterro: xoves de 17.00 a 18.00h.
Nas súas respectivas páxinas web ou redes sociais están as súas direccións, correos electrónicos ou teléfonos de contacto.