Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A Semana Santa de Ferrol poderá seguirse por streaming

A Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol aposta un ano máis polas novas tecnoloxías e ofrecerá as procesións por streaming. Nesta ocasión as retransmisións, que realizará a empresa ferrolá Iris Produccións, realizaranse a través da canle de Youtube, onde xa están colgados tamén os vídeos de anos anteriores.

En anos anteriores as retransmisións facíanse desde Facebook, o que dificultaba a visualización a persoas que non contaban con perfil na devandita plataforma. Nesta ocasión realizarase a través de Youtube -para entrar na canle da Xunta podes picar aquí– e compartirase a ligazón tanto a través da canle de difusión de Whatsapp -no momento no que comece cada desfile, para que os seguidores poidan unirse- como da páxina en Facebook.

Tamén como en anos anteriores, a Xunta de Confrarías retransmitirá xa os actos previos á Semana Santa. Así, do mesmo xeito que se ofreceu no pasado mes de xaneiro a presentación do cartel, no mes de marzo ofreceranse en streaming o Certame de Bandas Cidade de Ferrol (11 de marzo), a presentación da revista Ecce Homo e o procesionario (18 de marzo) e o Vía Crucis (24 de marzo).

Desde o ano 2029 vén ofrecendo a retransmisión das procesións en directo, con gran éxito. Tanto porque son seguidas por moitas persoas que están fóra de Ferrol nas datas da Semana Santa como por outras que, por problemas de enfermidade ou limitación de mobilidad, non poden achegarse a velas a pé de rúa. Durante o pasado ano 2022, cando se ampliou o programa de streamings para ofrecer tamén recollidas, os vídeos chegaron a máis de 119.000 persoas.