A Diócese e as confrarías penitenciais de Ferrol van facer un esforzo para manter abertas na cidade varias igrexas que funcionarán como puntos de acollida aos peregrinos. Ferrol é punto de partida de miles de persoas que inician aquí cada ano o Camiño Inglés a Compostela, moitos deles cunha motivación relixiosa.
Desde o pasado ano, a igrexa das Angustias ampliou o seu horario precisamente con este obxectivo, o de prestar atención espiritual aos peregrinos que comezan aquí o seu itinerario. Recentemente fíxoo tamén o templo do Socorro, en Ferrol Vello, e agora súmanse San Xiao e a Mercé.
Na web da Diocese abriuse unha páxina -que podes visitar picando aquí – na que se recolle toda a información útil para os peregrinos, non só os do Camiño Inglés senón tamén os dos camiños do Norte e do Mar, que tamén discorren polo territorio diocesano. Nela é posible descargarse un tríptico con información sobre as igrexas situadas ao pé da ruta de peregrinación inglesa ao seu paso por Ferrol, Narón e Neda.
O horario de apertura e de eucaristías nos templos ferroláns é o seguinte:
SAN XIAO
👉🏼 Apertura do templo: Luns a Sábado de 10:30 a 13:00 h. e de 17:30 a 19:00 h.
👉🏼 Misas:
Luns a venres: 11:00
Sábado: 11:00 e 19:00
Domingos e festivos: 11:00 h. e 13:00 h.
SANT. ANGUSTIAS
👉🏼 Apertura do templo: Luns a venres de 9. a 13.00
👉🏼 Misas:
Luns a sábados ás 9 e 12.00
Domingos e festivos ás 9 e 13.
MERCÉ
👉🏼 Apertura do templo: Luns a venres de 10.30. a 13.30
👉🏼 Misas:
Luns a venres: 11:00
Sábados: 19:00 h.
Domingos e festivos: 11:00 h. e 12:00 h.
SOCORRO
👉🏼 Apertura do templo: Luns a venres de 17.30 a 19.00
👉🏼 Misas:
Sábado e vésperas de festivo: 19:00 h.
Domingos e festivos: 11:30 h.