Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

As confradías abren as súas portas a novas altas para a vindeira Semana Santa

As cinco confrarías penitenciais que forman a Semana Santa de Ferrol están xa nestas datas recibindo novas altas, poñendo ao día cotas e arranxando e entregando hábitos para as procesións deste ano, que se sucederán entre o 2 e o 9 de abril, do domingo de Ramos ao de Resurrección. Ofrecemos a continuación información sobre os horarios de atención das oficinas de cada irmandade e outros datos de interese para quen desexe participar.

CONFRARÍA DAS ANGUSTIAS: as persoas que queiran darse de alta como confrades poden descargar na web da irmandade o impreso de inscrición e a orde de domiciliación da cota anual, que é de 40€. O alta dá dereito a participar en todas as procesións penitenciais de Semana Santa, así como no Vía Crucis que organiza a Xunta de Confrarías e nas procesións da patroa e do Corpus. A irmandade presta todo o necesario: un hábito, dous capuces, un cíngulo, un par de hebillas, unha capa e un hachote. Link con máis información e descarga dos impresos: https://www.cofradiadelasangustias.com/altasnuevos/

O local das Angustias, situado no lateral do santuario, abre os martes e xoves, de 18.30 a 20.30h.

Desde a Confraría das Angustias lembran, ademais, que os confrades de entre 4 e 30 anos poden solicitar pertencer ao Grupo Novo de forma totalmente gratuíta e participar nas súas actividades, entre as que están a organización do Belén do Nadal e outras que se van anunciando puntualmente.

CONFRARÍA DA MERCÉ: o local da irmandade, situado no baixo da rúa María, número 179, abre os martes e os xoves de 18.00 a 20.00 horas. Hai que acudir para informarse ou xestionar o alta. Segundo marcan os estatutos, hai monaguillos (de 3 a 9 anos), aspirantes (de 10 a 17 anos) e confrades de número (a partir de 18 anos).

A irmandade celebra cada ano a cerimonia do Escudo, na que se presentan os novos monaguillos, así como a do Envío e o Compromiso, para os aspirantes e confrades de número respectivamente. Habitualmente a primeira era o Sábado de Paixón e as outras dúas o Martes Santo, pero este ano a confraría decidiu celebrar as tres no mesmo acto o Sábado de Paixón, 1 de abril.

CONFRARÍA DE DORES: a Confraría de Dores tamén facilita a través da súa páxina web a descarga do seu impreso de solicitude. As persoas interesadas poden dirixirse á Casa de Irmandade, no número 199 da rúa Magdalena, os martes e xoves de 18.30 a 20.00 horas.

CONFRARÍA DA SOIDADE: o local da irmandade, situado no baixo do número 13 da rúa Espartero, abre os mércores e venres laborables de 18.00 a 20.30 horas. Os confrades poden ir para cambios de hábitos, por cuestión de talla, e as persoas que se incorporen poden pagar os dereitos de procesión (10€), así como retirar o hábito e comprar a nova medalla.

No mes de marzo variará o horario de oficina. Durante a primeira quincena abrirá os mércores de 18.00 a 20.20 horas. E na segunda quincena de marzo farao todos os días de 18.00 a 20.30 horas.

SANTO ENTERRO: a irmandade permite o ingreso a partir dos catro anos e é necesario presentar uns impresos que se poden descargar na web ou ben recoller no local. É habitual que se celebre unha pequena entrevista, para que a entrada non sexa un trámite tan frío como a mera entrega duns papeis. O Sábado de Paixón celébrase a Cerimonia do Recibimento e Xúraa de Regras.

A irmandade modificou hai uns anos os seus estatutos para que os nenos e nenas que entran como monaguillos poidan permanecer na confraría ata converterse en numerarios, xa que anteriormente había un baleiro entre os 14 e os 18 anos. Por primeira vez neste 2023 darase a posibilidade de vestir hábito con capuz aos mozos e mozas aspirantes de 14 e 15 anos que cumpran unha determinada altura.

O local do Santo Enterro está na súa sede canónica, a concatedral de San Julián, e permanece aberto ao público -pola porta lateral do templo- os venres de 19.00 a 20.30h