A Banda de Cornetas e Tambores “Santísimo Cristo da Vitoria” de León actuará en Ferrol o día 25 de marzo, na cerimonia de lectura do pregón da Semana Santa 2023 e de entrega das Medallas de Ouro da Xunta de Confrarías. O acto terá lugar no teatro Jofre, tal como anunciouse, ás 20.00 horas.
A Banda “Santísimo Cristo da Vitoria” de León é unha referencia para as formacións de música confrade do Norte de España. Foi fundada no ano 1994 e instaurou na cidade de León un novo modelo de xestión e estilo musical, inspirado na soada banda sevillana das Tres Caídas de Triana. A prestixiosa formación toca tradicionalmente na súa cidade na procesión de Jesús da Esperanza, o Sábado de Paixón, e é habitual que sexa contratada para acompañar desfiles de penitencia en cidades de Andalucía como Córdoba, Xaén, Cádiz ou Sevilla, entre outras.