Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

As Angustias programa a Novena que rematará coa Coroación Canónica

A Pontificia, Real e Ilustre Confraría das Angustias fixo pública a programación da Novena que cada ano dedica á súa Virxe titular, tal como marcan os seus estatutos, e que cada ano termina o día da festividade da patroa de Esteiro, o domingo anterior ao Corpus Christi. Este 2022 será especial, debido a que no día da Virxe das Angustias, o 12 de xuño, celebrarase a Coroación Canónica da imaxe, un rito que por primeira vez ten lugar en Ferrol e que resalta e recoñece a devoción dunha advocación mariana.

A cerimonia da Coroación terá lugar na concatedral de San Julián, presidida polo bispo da Diocese Monseñor Francisco García Cadiñanos. Ás 11.00h será o traslado desde o Santuario de Esteiro e ao terminar o acto sairá da concatedral a procesión da Virxe das Angustias, que regresará ao Santuario, en cuxo interior terá lugar un acto que poñerá fin ao programa.

Os actos previstos do 3 ao 11 de xuño son os seguintes:

Venres 3 e sábado 4:

09.00h. Misa e novena
11.30h. Rosario
12.00h. Misa e novena

Domingo 5:

09.00 Misa e novena
12.30h. Rosario
13.00h. Misa e novena. Homilía do Pai Claretiano Alberto.

Do luns 6 ao venres 10:

09.00 Misa e novena
11.30h. Rosario
12.00h. Misa e novena.
Ás 18.00h do venres día 10: Homilía do Pai Claretiano Alberto.

Sábado 11:

09.00 Misa e novena
11.30h. Rosario
12.00h. Misa e Novena. Homilía do Pai Claretiano Arturo.

Domingo 12:

09.00h. Misa rezada (única misa do día)
11.00h. Procesión do traslado da Virxe das Angustias á Concatedral de San Xiao.
12.00h. Misa solemne en San Xiao coa Coroación da Virxe das Angustias
13.00h. Procesión da Virxe Coroada das Angustias.
14.00h Acto no interior do Santuario.

Síguenos

Comparte