Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

O Museo amplía o seu horario para partir do 1 de xullo para abrir mañá e tarde

A Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol informa de que a partir deste venres, día 1, amplíase o horario de apertura da exposición permanente que está situada nos baixos da Costa de Mella. O museo abrirá de martes a domingo durante todo o verán, entre as 10.00 e as 14.00 e as 18.30 e as 20.30 h, porén a intención é prolongar este horario tamén posteriormente, no inverno.

O Museo da Semana Santa de Ferrol viu incrementado o número de visitas grazas á celebración do Ano Xacobeo, dado que o itinerario do Camiño Inglés pasa a só uns metros da súa entrada, situada nos xardíns de Herrera. Recentemente, ademais, renováronse os vinilos explicativos dos contidos da exposición, na que destacan algunhas imaxes e roupaxes dos que van nas procesións durante a Semana Santa, coa información en castelán, galego e inglés.

Síguenos

Comparte