O Museo da Semana Santa de Ferrol reabre as súas portas este domingo, día 1 de maio. A exposición poderase visitar a partir dese día de martes a domingo, entre as 11.30 e as 13.30 horas.
Como se informou no seu momento, o museo pechou pouco antes da Semana Santa, debido a que moitas das imaxes e obxectos que forman a exposición permanente foron retiradas polas confrarías para ser usadas nas procesións. Agora, unha vez que terminou a semana de Paixón, as irmandades devolveron as pezas e reabre as súas portas.
Lémbrase que o Museo da Semana Santa de Ferrol está situado nos baixos da Costa de Mella, nuns locais cedidos polo Concello de Ferrol. A exposición está aberta a particulares e tamén de grupos, que poden concertar a súa visita a través da dirección de correo electrónico:exposicion.semanasantadeferrol@gmail.com