A Confraría das Angustias celebra a partir deste venres, día 26 de maio, a Novena á Virxe das Angustias, que precederá á celebración da súa festividade coa tradicional procesión. O santuario de Esteiro acollerá os actos cos seguintes horarios:
De luns a sábado:
09.00h: Eucaristía e novena
11.30h: Rosario.
12.00h: Novena e eucaristía
Domingo 28:
09.00h: Eucaristía e novena.
12.30h: Rosario
13.00h: Novena e eucaristía (acompañada pola Banda das Angustias).
Ademais, os días 2 e 3 de xuño haberá a solemne veneración á Virxen das Angustias, o venres de 17.30 a 20.30h e o sábado das 09.00 ás 20.00 horas.
O día 4 de xuño, festividade da Virxe das Angustias, está previsto que a banda ofreza un pasarrúas ás 11.00h. Ás 12.00h será a misa solemne, acompañada polo coro Armonía. Ao finalizar sairá a tradicional procesión, na que a imaxe realiza un percorrido polo barrio de Esteiro.